Para moitos lectores a palabra ‘fuseiro’ non ten hoxe un significado claro, pero ata non hai moito tempo tivo unha certa relevancia na sociedade e estaba plenamente integrada na fala. A palabra ‘fuseiro’ deriva do substantivo ‘fuso’. O fuso é unha peza que utilizaron as mulleres para debandar o fío a partir da la como materia prima. Esta peza facíase de madeira e era imprescindible para o labor de fiado. Atopámonos, pois, diante dun caso máis de economía de subsistencia porque, da mesma maneira que o centeo garantía a alimentación básica, a la, xa convertida en fío grazas ao fuso, resultaba esencial para cubrir o corpo en forma de calcetíns, refaixos, xerseis, luvas, gorras ou calquera outra peza de abrigo. A la obtíñase da ovella, un animal que abundaba nas casas e do que se obtiñan os cordeiros ou años, que se vendían nas feiras.
Certamente, o fuso, de igual xeito que se facían outras pezas, era froito do traballo artesanal e manual que levaba a cabo o fuseiro. Este oficio tivo especial importancia na aldea das Carballeiras, onde máis de dez veciños estiveron nun momento determinado dedicados á súa produción. O traballo do fuseiro comezaba coa selección e corte da madeira, que habitualmente era de érbedo, unha árbore que prolifera na zona. Cortar a madeira que adoitaba darse nos regatos como o da Paleira, entre As Carballeiras e Tronceda, ou tamén no fondo dos soutos do Viñal, e por todo o regato ata a desembocadura no Sil era o primeiro traballo. Era este un labor duro pois os fuseiros tiñan que subir ás costas a madeira verde cortada ata os obradoiros, onde construían os fusos. A madeira labrábana coa macheta e logo xa no torno artesanal pasábana pola coitela ata que se aproximaba á forma do fuso. Esta forma consistía nunha pequena talla alongada e delgada cunha base que era máis grosa para ir diminuíndo paulatinamente ata rematar nunha punta fina; a imaxe dun lapis pode servir para ter unha idea da súa figura. Esta peza, que parece moi simple, tiña as súas dificultades á hora de ser construída porque era necesario que fose completamente simétrica para que mantivese o equilibrio cando a utilizaban as mans da muller. A madeira xa labrada metíase nun pote cheo de auga que debía ferver durante media hora. Logo, sacábase a madeira da auga e deixábase secar durante dous días. O motivo de cocer a madeira era para que sufrise un proceso que evitase que o fuso puidese rachar. Tras os dous días de secado, o fuseiro sentaba no torno e adoitaba traballar de noite: acendía o candil de gas e pendurábao dunha punta do mesmo torno para, a base de tirar do cordel e coa gubia ben afiada, golpe tras golpe, conseguir que o fuso tivese a forma definitiva e, xa pulido, rematalo marcándolle con tinta uns círculos que algunhas veces eran a marca da casa. O último paso do traballo era colocar unhas cantas ducias de fusos nunha queipa e ir vendelos polas aldeas dos arredores ou levalos ás feiras de Castro Caldelas, Trives, Quiroga, etc. O prezo desta peza artesanal, como non podía ser doutra maneira, era accesible para calquera peto. Polo tanto, o oficio de fuseiro tiña un carácter de traballo complementario que se engadía ao resto de tarefas que se desenvolvían na aldea. Había, así e todo, fuseiros, como o Benjamín, que tamén eran cesteiros. Estas actividades eran complementarias e delas podían obter uns pequenos ingresos para vivir.
O prezo, como acabo de dicir, era accesible cando se trataba de fusos de madeira de érbedo, pero podía dobrarse cando estaban feitos con madeira de uz. O traballo agora resultaba ser máis delicado, traballábase cunha madeira máis dura e con máis probabilidades de que nos remates finais do torno rompese a peza pola parte fina. Estes fusos, xeralmente, facíanse por encarga e duraban máis tempo.
O último representante activo do oficio de fuseiro chámase Albino Fernández e puiden entrevistarme con el antes de que emigrase. Deixou de construír fusos e partiu cara aos Estados Unidos a unha idade pouco frecuente, cando tiña 57 anos. O torno de Albino, que xa pertencera ao seu bisavó e logo ao seu avó, tamén fuseiros, tivo unha longa vida de máis de tres séculos e hoxe, xa retirado, e grazas á restauración que lle fixo Florencio de Arboiro, vai repousar entre as paredes do Museo de Antropoloxía que posúe a Fundación Sotelo Blanco en Santiago de Compostela. Esta peza xa non estará en activo no obradoiro de Albino nas Carballeiras, pero seguirá cumprindo unha misión ao servizo do pobo galego: este torno é a proba dun oficio xa desaparecido hoxe, pero foi unha peza fundamental na vida dos nosos veciños da aldea.
Lamentablemente, a perda do oficio de fuseiro, igual que outros oficios que se van perdendo, significa a desaparición dunha parte do noso patrimonio cultural que serviu para algo tan humilde e esencial como foi a subsistencia. Hoxe este torno e o conxunto de pezas que forman parte do Museo de Antropoloxía servirán para un mellor coñecemento e valoración dun xeito de vida que, en moitos casos, non por desaparecidas deixarán de ser fundamentais para poder entender o que foi a Galicia das aldeas.

Nenhum comentário:
Postar um comentário