09/07/2008

Os afiadores: un signo de identidade galega

O oficio de afiador identificouse dende sempre con Galicia e non por casualidade senón porque a maior parte por non dicir todos os afiadores que traballaron e aínda traballan en Galicia e o longo e ancho de todo o mundo son galegos, máis concretamente da provincia de Ourense. É un oficio que pasou dende sempre de pais a fillos e o seu aprendizaxe polo tanto facíase no marco da familia.

Cando pensamos no concepto de oficio facémolo pensando nunha actividade que permite a subsistencia, pero non foi este o caso dos afiadores, que mentras traballaban en territorio español facían compatible esta actividade con voltar no tempo dos traballos para axudar a muller que o resto do ano estaba sola. E esto introdúcenos noutro rasgo importante deste oficio, que poñía en práctica unha forma peculiar de emigración. O afiador abandonaba temporalmente a súa aldea para traballar durante meses en terras de León, de Castela ou de Valencia: marchaba pero voltaba e voltaba a súa aldea e a súa actividade campesiña. O exemplo equivalente na costa galega sería o dos pescadores que realizaban a temporada de pesca de altura e logo voltaban uns meses a terra. Oficio e emigración aparecen pois xuntos nun dos símbolos que serviron entre outros para identificar a Galicia.

Pero o afiador acabou sucumbindo tamén as necesidades máis básicas e tivo que renunciar a esta emigración temporeira e humanizada para dar o gran salto e marchar xunto coa maleta de emigrante e a súa roda a algunha gran cidade española ou cruzar o charco para terras americanas. Engrosaba así a dolorosa nómina da emigración galega sen adxetivos pero facíao conservando o patrimonio do seu oficio, un patrimonio que con frecuencia acompañábao durante toda a súa vida como emigrante: cambiaba o escenario do seu traballo, a clientela, pero o seu traballo, o esencial, era o mesmo que desenrolara antes en terras de León ou de Castela... Agora xa non retornaba a aldea, era un afiador a tempo completo e a súa subsistencia dependía xa única e exclusivamente da súa actividade diaria coa roda. A diferencia doutros miles de emigrantes galegos cuxo sono foi sempre un traballo autónomo, o salto do traballo na industria o traballo en calquera actividade autónoma, o afiador non sentía esta necesidade porque el se instalaba na terra de acollida co seu propio oficio e cos seus medios de produción, e dicir, coa súa roda. Sentíase autónomo dende o primeiro momento e esto dáballe unha independencia que o liberaba de plantexarse un cambio de traballo. Esto explicaria que tódolos afiadores que tiven oportunidade de coñecer, e foron moitos, mantiveran a súa condición de afiadores o longo de toda a súa vida laboral. E esto non hai que entendelo como si se tratara dunha reliquia, dun oficio estrano e inesplicable. O afiador cubriu necesidades sociais e laborais para outros oficios e o longo do tempo é posible marcar unha evolución, tanto no que se refire o seu instrumental como a súa forma de traballar. En canto o instrumental, o afiador foi pasando da roda tradicional que el tiña que tirar por ela percorrendo grandes distancias, sobre todo en Castela para trasladarse dunha poboación a outra e incluso sobre esta modalidade de roda tiña unha máis pequena e menos pesada que transportaba o lombo. Foi pasando digo de esta roda tradicional a outra montada xa sobre unha bicicleta que aquí xa a evolución era importante non tanto no afiado senón na forma de transportarse home e roda. Temo constancia que no século pasado por Madrid había afiadores que levaban todo o seu instrumental nun carro tirado por un burro. A esto seguiou a fase do motor en forma de ciclomotor ou de motocleta, o cal supoñía unha facilidade non só para o transporte senón para o propio traballo porque a roda era accionada polo mesmo motor do vehículo.

E xa que falamos aquí da evolución tecnolóxica dos afiadores, non me resisto a non comentar un episodio estupendo do que tiven coñecemento de primeira man. O feito ocurríu en Cuba e o seu protagonista foi un afiador das terras de Caldelas que chegou a illa coa súa roda aló polos anos trinta do século pasado. O meu paisano traballou un tempo cargando coa súa roda tradicional ata que un bo día cando xa tiña aforros tivo a idea de poñerse en contacto con un inxeñeiro cubano, nin máis nin menos que para que lle acondicionara un pequeno camión como taller ambulante para poder desenrolar o seu oficio con maior eficacia e rapidez. O artefacto que conseguiu tivo un rendemento laboral de moitos anos, rodando polas rúas da Habana, onde chegou a convertirse en atracción para turista que cando se cruzaban co galego no seu auto taller pedíanlle de poder facer unha foto o seu lado. Ata que chegou a revolución de Castro e o vehículo foi confiscado e pasou a dormir o soño dos xustos y contoume un fillo do tal afiador que o pouco tempo de ser confiscado ese taller seu pai non superou o desgusto e pasou a descansar o cemiterio de Colón, o vehículo pola súa parte quedou abandonado perto do museo da revolución ata que alguén se decatou de que o taller ambulante do afiador non tiña nada que ver cos ideais revolucionarios de Castro e foi retirado, debendo acabar os seus días previsiblemente como chatarra. Máis aló da anécdota, o feito ben a demostrar que o afiador non se dormía nos laureis e que de unha ou doutra forma intentaba mellorar o servicio que daba e as súas condicións de traballo.

E falando de condicións de traballo, hai que comentar aquí a outra grande evolución que nas cidades de acollida tivo este oficio. De feito foi sempre un oficio ambulante, pero en determinado momento, este carácter itinerante foi cambiado por unha o varias sedes fixas. O afiador cambiou as rúas como escenario laboral por un local onde acudían os clientes. O local convertíase ademais en tenda para venta de cuchillería e material relacionado co menxa doméstico, sen esquecer os paraugas. Este era un salto moi importante porque supoñía o paso de ter que ir a busca do cliente a ser este o que acudira a tenda do afiador agora sedentario. Todo esto que estamos comentando foi creando uns vínculos fortísimos entre a persoa e po seu oficio, ate o punto de que identificarse como afiador foi unha forma esencial de seguir sendo un mesmo e, en definitiva de seguir sendo galego, aspecto este que non se produxo noutros traballos da emigración. Proba do que estou decindo e que eu fun testemuña do verdadeira afecto que seguiron tendo afiadores xa xubilados polo seu instrumento de traballo, por esa roda que lle acompañou o longo de toda a súa vida e da que lle costou moito desprenderse aínda cando xa non a utilizaran. Non creo que haxa ningún caso equivalente de identificación profunda entre home e ferramenta de traballo, tal vez a excepción sería a comunión que atopei entre calquera pescador da ría e a súa dorna, que forman parte non so do seu traballo senón da súa propia existencia. Certo que calquera campesiño sinte apego polas súas ferramentas, o seu carro ou os seus animais, pero o feito de que os tivera que abandonar forzosamente no momento de emigrar debilitou eu diría este vínculo sentimental que o afiador mantivo ata o final da súa vida.

Como reflexión final, entendo que debe apuntarse aquí a idea de que o afiador e o seu mundo non forma parte xa do noso presente, ou alomenos non o fai no papel esencial que tivo en anos anteriores. O afiador forma parte do noso patrimonio como país e da nosa historia pasada e presente, pero o oficio como tal e os homes que lle deron vida forman parte xa do pasado. Estes homes en boa medida enchen xa hoxe os nichos do cemiterio ou son firmes candidatos a unha morte cercana. Quedan eso si as rodas como testemuña material dunhas formas de entender non so o traballo senón a própia vida, porque no caso do afiador vida e traballo foron como dúas caras da mesma moeda, un gran alivio para quenes tampouco conseguiron salvarse da epidemia da emigración; tiveron que emigrar pero alomenos fixéronno acompañados de algo esencial: dunha roda indisolublemente legada a súa terra, o seu traballo e a súa familia da que aprenderon o oficio. Tan forte foi a asociación de home e máquina neste caso que levou o extremo de producir xunto a lingua galega que conservaron un argot especifico do oficio, coñecido co nome de barallete e que serviu aínda máis para reforzar a enorme singularidade do que poderíamos chamar un dos oficios máis emblemáticos da nosa terra e incluso da nosa forma de entender o mundo.

Curiosamente este oficio de afiador non gozou de ningunha consideración social nin do mundo nin da propia Galicia. Certo que a canteira do mesmo situouse sempre nuns límites moi determinados da provincia de Ourense, pero non menos certo que este oficio logrou manterse superando tódalas dificultades da emigración e ademais fixo posible a actividade doutros oficios, que precisaban de coitelos, tisouras, bisturís, afiado de segadoras, tisouras… Esta sería a dimensión máis auténtica e que máis debemos valorar dun oficio que non por ser humilde nin minoritario debe merecer a nosa igorancia. Actos como o de hoxe deben servir para manter viva esta memoria e para conservar o respeto dun oficio que en ningún aspecto debe ser considerado como un oficio de vagabundos ou pouca cousa máis.

2 comentários:

MAIS CARGADA DE BOMBO disse...

Noraboa por este salto as novas tecnoloxías.
Estarei atento as túas reflexións.

Un saúdo. Juan Osorio

J. Rogelio Rodríguez disse...

Buenas tardes y enhorabuena por el blog.

Pasé parte de mi infancia en Orense y el sonido de los afiladores, a principios de los setenta (en la calle del Mercado), es uno de esos recuerdos vivos que todavían perduran en mi memoria.

Años después, y por cuestiones sentimentales, he regresado a esta maravillosa provincia y, desde otra perspectiva, he podido admirar las colecciones de Florencio de Arboiro, y disfrutar de interesantes consideraciones de amigos caldelaos sobre esta forma de vida tan genuina.

Al igual que mi amigo Mais cargada, estaré atento yo también a tus reflexiones.

Un cordial saludo.